CRTVG

Buscar

Amplíanse as zonas ORA en Santiago

Publicado o 14/04/2021 15:17

Aparcar en Santiago é toda unha odisea para os condutores. Ás poucas zonas para deixar o coche súmase a ampliación, cada vez en máis rúas, da zona ORA. O barrio de Conxo foi o último que recentemente incorporou parquímetros en rúas que antes eran gratuítas, algo que os veciños e visitantes non ven con moi bos ollos. 

Pero non todo son queixas. Hai quen atopa a parte positiva nesta nova normativa. O outro problema co que se están a atopar moitos condutores é que en moitos destes lugares se están a retirar prazas de aparcadoiro, como ocorreu nas últimas semanas no Campus Sur, unha dificultade máis á hora de atopar sitio. 

As queixas son xeneralizadas en todas as zonas da cidade. Moitas persoas xa comezan a optar por deixar os coches na casa ou ir a lugares que ofrezan máis facilidades de aparcadoiro. 

 

Noticias web

14/04/2021