CRTVG

Buscar

Amplían a zona de busca do ancián desaparecido en Boimorto

Publicado o 03/03/2020 14:20

• Organizan para este sábado un macrodispositvo de busca

A Garda Civil ampliou a zona de busca do octoxenario desaparecido o pasado sábado en Boimorto cara aos lugares de Sendelle e Arceo, e novamente ao redor do domicilio, informan fontes da Benemérita.

O dispositivo de rastrexo está formado por catro patrullas a pé, un can do servizo cinolóxico de Ourense, Protección Civil da zona e unha decena de veciños.

Debido aos fortes ventos e á choiva, este martes non participan no operativo nin os drons de Axega nin o helicóptero da Garda Civil.

O ancián, que sofre alzheimer e vive só, foi visto por última vez o pasado sábado no lugar de  Romelas, onde reside. Non ten fillos e son seus curmáns quen miran por el.

Desde a súa desaparición buscóuselle sen éxito en alpendres vellos e casas abandonadas, ademais da contorna da súa vivenda.

A Garda Civil recomenda aos familiares de persoas maiores que, a partir de certa idade e con enfermidades mentais como o alzheimer, póñaselles un dispositivo de rastrexo con GPS ou teléfonos de pulseira con esta tecnoloxía para poder localizalos rapidamente en casos como este. 

Macrodispositivo de búsqueda

Para o vindeiro sábado preparan un macrodispostivo de búsqueda que partirá ás 9 da mñá dende a Escola de Brates.