Amplían a busca do home desaparecido en Baio o xoves pasado
Publicado o 13/12/2020 10:41

Amplían o dispositivo de busca de Manuel Rodríguez, un home de 54 anos que leva desaparecido dende o xoves pasado. Este domingo traballan na súa procura catro patrullas e un helicóptero da Garda Civil, arredor de 50 voluntarios de Protección civil e preto de 50 quads. Teñen previsto cubrir unha zona que comprende dende Razo ata Muros. O dispositivo céntrase especialmente na localización do vehículo do desaparecido.