Ampliada ata xuño de 2021 a tarxeta moedeiro para bens básicos
Publicado o 29/12/2020 17:32

A Xunta aproba o presuposto para garantir a gardería gratis para o segundo fillo e sucesivos no próximo curso.
O Goberno galego paga o 100 % do custo da escola infantil, tanto se é pública como privada ou de iniciativa social, e sen ter en conta a idade do primeiro. E para apoiar as familias máis vulnerables, a Xunta prorroga ata xuño, polo menos, a Tarxeta Moedeiro de ata 300 euros para mercar produtos básicos no supermercado.
O Goberno galego anuncia que manterá as axudas ao bono eléctrico para evitar os cortes de subministro nos fogares con menos recursos. Cobrarano todos os que cumpran os requisitos.