CRTVG

Buscar

Ampla resposta do independentismo á convocatoria de Puigdemont en Perpiñán

Publicado o 29/02/2020 14:47

En Perpiñán confluíron decenas de miles de persoas, que responderon ao chamamento lanzado por Carles Puigdemont e polo Consello da República. Quedaron patentes, iso si, as diverxencias existentes no seo do independentismo, xa que en Esquerra Republicana e na CUP existía a consciencia de que se trataba, no fondo, dun acto que ten como obxectivo relanzar o proxecto de Junts per Catalunya a poucos meses dunhas eleccións autonómicas.

Entre os asistentes, protagonismo especial para o president da Generalitat, Quim Torra, consellers e deputados de JxCat. Torra e Puigdemont foron recibidos previamente polo alcalde de Perpiñán."Isto demóstranos o que sempre pensamos: que os Pireneos non separan nada, senón que o unen todo. Hoxe será un grande éxito, de parabéns, fantástico", sinalou o titular da Generalitat.

A intervención de Puigdemont demorouse notablemente con respecto ao horario previsto, debido ao colaposo na fronteira dos cataláns que se dirixían ao acto.
Canto a Esquera Republicana, a delegación enviada era de perfil baixo, xa que non acudiron nin o vicepresident Pere Aragonès, nin ningún dos consellers deste partido. A CUP non estivo, polo menos de xeito oficial, porque se mantén á marxe do Consello da República, pero si participaron simpatizantes a título individual.
 

Noticias web

29/02/2020