CRTVG

Buscar

Amparo Alonso, premio María Josefa Wonenburger 2020

Publicado o 28/12/2020 20:49

A enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial Amparo Alonso recibe o premio María Josefa Wonenburger Planells 2020. Entregoulle o galardón o vicepresidente primeiro.

A conselleira de Emprego e Igualdade destacou a aposta da Xunta por fomentar as vocacións científicas entre as mulleres para rachar coa fende de xénero neste eido.

Con este galardón, a Xunta recoñece a traxectoria relevante de mulleres na ciencia e na tecnoloxía. E o nome é unha homenaxe á matemática coruñesa María Josefa Wonenburger Planells, que foi unha pioneira.

Noticias web

28/12/2020