Amosan en Lugo imaxes do maltrato que reciben algúns animais para consumo dos humanos
Este sábado houbo en Lugo un cubo da verdade, unha especie de perfomance na que un grupo de persoas lle amósa ao público imaxes nas que se ven as condicións nas que viven, e tamén nas que morren, moitos animais que o home utiliza para o seu consumo.
Os encargados destas representacións son membros de "Anónimos polos sen voz", unha organización que xa fixo máis de 2.000 demostracións en case catrocentas cidades distintas. Defenden os que non teñen voz.
Buscan que a xente se dea conta do sufrimento que hai detrás do uso e consumo de animais. "Hai xente que queda impactada porque non é consciente do que hai detrás do consumo de animais, hai xente que cambia despois disto...; pero tamén hai xente que prefire non velo".
Algúns dos que os escoitan mudan os seus hábitos e deixan de comer carne, e de usar pezas de pel, lá ou plumas. A carón destes activistas, membros de Lugo sen mordazas protestan pola actuación policial que na intervención anterior mandou disolver o grupo. Así e todo, difunden e defenden o veganismo, por ética e polo compromiso co planeta, outro gran prexudicado pola produción masiva de animais.