CRTVG

Buscar

Amordazan un matrimonio e ameazan a coidadora en Boborás nun asalto violento

Publicado o 20/05/2019 09:14

Dous homes coa cara tapada entraron nunha casa de Pazos de Arenteiro e, presuntamente, amordazaron o matrimonio que vive nela, de 90 e 84 anos. Nese intre entrou a muller que os coida, os encapuchados ameazárona cunha arma e, segundo o seu propio relato, tirárona ao chan e fuxiron.

Os veciños da aldea conseguiron reter un dos supostos asaltantes. A Garda Civil arrestouno e está a procura do segundo delincuente. Por fortuna, as vítimas non sufriron lesións importantes.

Noticias web

20/05/2019