CRTVG

Buscar

Aministía Internacional insta a revisar a sentenza do 'procés' e pide a liberdade dos Jordis

Publicado o 19/11/2019 17:47
Aministía Internacional insta a revisar a sentenza do 'procés' e pide a liberdade dos Jordis

Amnistía Internacional cuestiona as penas de prisión impostas á cúpula do procés, ao entender que o delito de sedición tipificado no Código penal é "vago" e permite unha interpretación "excesivamente ampla e perigosa" por parte do Supremo, polo que urxe á súa "revisión".

A organización a prol dos dereitos humanos presentou este martes as súas conclusións sobre o xuízo aos líderes do procés e ás penas ditadas polo Tribunal Supremo, en que pide, ademais, a liberdade "inmediata" para os dirixentes da ANC e Òmnium, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, respectivamente, ao entender que a súa condena supón unha "ameaza" aos dereitos de liberdade de expresión e de reunión pacífica.

Con todo, os expertos que analizaron tanto a vista como a sentenza di que os acusados tiveron "no seu conxunto un xuízo xusto".