CRTVG

Buscar

Amigos e achegados de Mónica Marcos marcharán na Coruña para pedir xustiza

Publicado o 23/09/2021 14:29

Unha semana despois do asasinato de Mónica Marcos, de 52 anos de idade, o barrio do Birloque segue inmerso na dor e na tristeza. 

Ás sete e media desta tarde, moitos dos seus veciños e achegados acudirán á marcha convocada pola asociación de veciños San Cristovo das Viñas para renderlle homenaxe a Mónica, arroupar os seus e denunciar calquera tipo de violencia, especialmente a que se exerce contra as mulleres. Partirán da Palloza cara a María Pita. Todos piden xustiza para Mónica.

Pola súa banda, o acusado polo seu asasinato é a súa parella sentimental. Ingresou no cárcere de Teixeiro o domingo pasado logo de que o xulgado de garda decretase para el prisión provisional, comunicada e sen fianza. Atribúeselle un delito de homicidio doloso coas agravantes de aleivosía e asañamento. Porén, en base a estas agravantes, o avogado da familia cualifica os feitos como un asasinato.

Noticias web

23/09/2021