Ames e Teo equiparan a súa incidencia con Santiago e non descartan novas restricións
A capital de Galicia pon os datos sobre a mesa do comité clínico con 20 casos activos menos ca onte, pero dentro dunha tendencia á alza que preocupa no concello.
Xosé Antón Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, explica que a cidade está un pouco por riba da medida de Galicia e por baixo da media española, pero que os contaxios xa non medran ao ritmo que o fixeron nas primeiras semanas de decembro. Na media, no que se refire aos datos, pero o alcalde non ten reparo en afimar que, das cidades galegas, Santiago é das que máis se resente do peche perimetral: comeza un Ano Santo, sen turistas nin internacionais nin nacionais, e co comercio moi resentido pola prohibición da mobilidade coas súas áreas de influencia.
"Nese sentido a medida do peche perimetral tritura o comercio, pero hai moita xente que sigue vindo, porque aquí entran a traballar desde outros concellos 40.000 persoas cada día".
Así, os dous concellos que rodean Santiago, Ames e Teo, dispararon a súa incidencia ata equipararse coa capital.
Tamén hai unha tendencia crecente na Coruña. De todas as cidades galegas, só Lugo se mantén cunha incidencia por baixo de cen.