CRTVG

Buscar

Ameaza un taxista de Cee cunha machada e unha motoserra acesa

Publicado o 19/12/2020 18:41

Tamén foi unha noite movida en Cee. Pouco despois das nove da noite, nunha rúa do centro da vila, un mozo armado cunha machada e cunha motoserra ameazou un taxista preto da parada. O mozo comezou insultado o home cando este intentaba facer unha chamada telefónica.

Coa machada na man e no medio de berros e xestos violentos, tiroulle a arma preto dos pés. Pasados uns minutos, o mozo colle a motoserra e reitera as ameazas e os insultos ao taxista.

Noticias web

19/12/2020