CRTVG

Buscar

Ambiente sen aglomeracións nas zonas costeiras tras o alivio das restricións en Galicia

Publicado o 27/02/2021 14:46

Sen aglomeracións pero con máis ambiente do habitual. Así estaba este sábado este paseo de Silgar.

O alivio das restricións permite máis mobilidade. Por exemplo, dentro da área sanitaria de Pontevedra é posible desprazarse libremente entre os 26 concellos da contorna. As zonas costeiras, son todo un reclamo.

Sanxenxo, amais de ser un municipio costeiro, aglutina un bo número de segundas residencias. Con este alivio da mobilidade moitos aproveitaron para achegarse ata aquí a pasar a fin de semana.

Un paseo pola praia, un café nunha terraza ou o primeiro baño do ano. Así afronta a xente esta nova normalidade.

Noticias web

27/02/2021