CRTVG

Buscar

Amarante, a xoia da ruta do románico portugués

Publicado o 22/07/2021 16:49

Braga,  Porto, Viana do Castelo.  Os galegos coñecen ben estas marabillas do norte de Portugal, pero se nos desviamos uns quilómetros da ruta de sempre encontrarémonos con outras pequenas xoias.

 A pouco máis de media hora desas cidades está Amarante. Unha vila tranquila e fermosa sen case presión turística. Paseando por ela está a súa igrexa e mosteiro e a impresionante ponte medieval. Os que chegan aquí destacan dela a beleza das súas casas con balcóns, as ruelas medievais e os fantásticos viñedos que a rodean. Se deciden vir, tamén poden ir parando polo camiño e descubrir o patrimonio da ruta do románico portugués. 

 

Noticias web

22/07/2021