'Amantes da terra', homenaxe a Antonio Fraguas, réndelle tributo ao intelectual galego
Antonio da aldea era como se coñecía a Antonio Fraguas, considerado tamén mestre da memoria. Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas e os artistas Bruxo Queiman e Andrea Pousa crearon un espectáculo musical en que nos achegan a vida e obra deste etnógrafo. Este domingo represéntase en Portas e as entradas están todas esgotadas.
É Amantes da terra, o espectáculo co que se lle rende homenaxe a Antonio Fraguas, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano. Música tradicional, baile ou unha proxección audiovisual son algúns dos elementos cos que se lle rende tributo ao intelectual galego nacido en Cerdedo-Cotobade.
Os organizadores quixeron contar coa presenza e o talento da terra natal de Antonio Fraguas. No traballo de investigación foi decisivo o apoio de investigadores, veciños e amigos. No espectáculo Amantes da terra o traxe tradicional ten moita importancia.
Ao longo de 90 minutos e através de quince pezas musicais, tres delas inéditas, versou o espectáculo no que todo ten que ver con Antonio Fraguas.