CRTVG

Buscar

Amancio Ortega cae ao posto 11 da lista Forbes dos máis ricos

Publicado o 06/04/2021 19:17

Por primeira vez en moitos anos o fundador de Inditex, Amancio Ortega, queda fóra do top 10 de persoas máis ricas do mundo neste 2021.

O multimillonario galego cae ao posto 11 da lista Forbes actualizada hoxe. Ortega baixa cinco postos dende a súa sexta praza no 2020 a pesar de aumentar o seu patrimonio neto en case 22.000 millóns de euros. Segue a ser de lonxe o español máis rico nunha lista en que Jeff Bezos se mantén no numero 1 e Elon Musk, propietario de Tesla, substitúe a Bill Gates no segundo posto.

Noticias web

06/04/2021