Alumnos dun colexio de Vigo reclaman os dereitos dos menores con motivo do Día da Infancia
Publicado o 19/11/2020 15:20
O colexio Neno Xesús de Praga, de Vigo, participa con Unicef no Día Universal da Infancia, que se celebra mañá. Alumnos de infantil e primaria reclaman os dereitos dos menores á educación, á saúde, a unha familia e un fogar e ao benestar.
Nestes vídeos gravados nas aulas pídenlles tamén a todos os escolares que axuden a reducir o impacto medioambiental no planeta reciclando, reutilizando e consumindo menos enerxía.
Pretenden sensibilizar a comunidade educativa da importancia de ser escoitados, xa que a proposta de Unicef este ano é dar voz aos nenos fronte aos adultos para que reinvidiquen o que lles preocupa e o que necesitan.