CRTVG

Buscar

Alumnos dun colexio de Vigo plantan 315 árbores autóctonas

Publicado o 21/03/2019 18:17

Dentro de seis anos, os alumnos do colexio de Balaídos de Vigo e do Estudio de Nigrán poderán comer as mazás, as peras ou as noces das árbores que plantaron esta mañá. Elixiron para facelo unha das chairas que ardeu o ano pasado en Chandebrito, concretamente a zona de chan do Rapadouro.

Estes escolares non esquecerán nunca aquel dezaseis de outubro de 2017, cando ao chegaren ao colexio atoparon todo devastado polo lume. Agora poden facer algo por aquel monte. Están repoboando toda a zona que ardeu con distintas especies. Queren rexenerar o bosque para que non volva arder. Para plantación contaron co apoio do Concello de Nigrán e da Comunidade de Montes.

Se todo vai ben, moitos destes exemplares darán froito en cinco ou seis anos, así que estes nenos e os que veñan despois deles poderán vir probar as mazás ou as laranxas das árbores que plantaron.

Noticias web

21/03/2019