Alumnos de Hostalaría de Lugo aprenden como atender as persoas cegas
As persoas cegas ou con visión reducida adoitan ter problemas nos restaurantes, xa que o servizo non adoita estar pensado para eles. Nun instituto de Lugo, os alumnos de Hostalería fan prácticas sobre como atender as persoas con discapacidade visual para que a comida non lles supoña un problema.
Eladio e Antonio defínense a si mesmos como cegos. Igual ca eles, ás persoas con discapacidade visual pódelles resultar difícil xantar nun restaurante se non reciben axuda. Copas tiradas, bocados que quedan no prato ou cubertos que non se dan atopado son algúns dos problemas habituais. Para evitar esas situacións, os alumnos de Hostalería do Instituto Sanxillao, en Lugo, aprenden a dar servizo aos invidentes para que a comida se converta nun pracer e non nunha mala experiencia. Indicar a posición de cada elemento na mesa é a clave.
"Detectamos que non se estaba a dar o servizo que os invidentes reclamaban. É importante que os futuros hostaleiros saiban como atendelos do mellor xeito posible".
"Esperamos que se siga formando os futuros profesionais para que poidamos ter o mellor servizo".
Tamén é importante que se lles indique os invidentes a disposición da comida nos pratos para que poidan mesturar axeitadamente os bocados e aproveitar ben a comida. Outra recomendación é a de non recargar a mesa con elementos innecesarios que dificulten os seus movementos.