Alumnos de Ciencias da Educación da USC pediron poder asistir máis ás clases
Publicado o 16/09/2021 08:11

Sentada na USC de alumnos de Ciencias da Educación para pedir máis presencialidades nas aulas. Asistirán só unha de cada tres semanas de xeito presencial á facultade. Presentaron 600 sinaturas ante o decanato, xunto cunha solicitude de novas fórmulas que permitan asistir ás clases, como se adoptaron, aseguran, noutras facultades.