Aluminios Cortizo cubrirá as fachadas de dous rañaceos en París
Publicado o 19/02/2020 15:33
O aluminio galego cubrirá as fachadas de dous rañaceos que se constrúen á beira do Sena, en París. Sairá da fábrica que ten Aluminios Cortizo en Padrón, onde, polas súas dimensións, os perfís se fan á medida.
O proxecto, coñecido como Dúas Torres, é do prestixioso arquitecto Jean Nouvel. Estará rematado a finais de ano e cambiará o skyline de París.