CRTVG

Buscar

Alugueiros a 50 euros para frear o despoboamento

Publicado o 09/03/2020 20:01

As antigas vivendas dos mestres de Cualedro estaban abandonadas. Tras máis de dous anos de reforma estes cinco pisos están practicamente rematados.

Priorizarán as familias que non teñan vivenda en propiedade en Cualedro, con rendas baixas e con nenos en idade escolar para frear a perda de poboación. Non chegan aos 1.700 habitantes, en 1981 este concello da comarca de Verín tiña máis de cinco mil, e nos últimos vinte anos seguiu despoboándose, perdeu case a metade.

Cando rematen as obras de urbanización, prevén que dentro dun mes, comezará o proceso para adxudicar as vivendas por un alugueiro mensual de 50 euros.

Noticias web

09/03/2020