CRTVG

Buscar

Os alugueiros de verán están case esgotados no Val Miñor

Publicado o 02/06/2021 14:28

Onde o verán si vai camiño de ser tan concorrido como calquera outro ano é en Baiona e Nigrán. A día de hoxe atopar un piso de alugueiro vacacional nestes dous concellos da área metropolitana de Vigo resulta xa misión imposible. 

Para xullo só queda o 30 por cento da oferta e para agosto as vivendas vacacionais están practicamente esgotadas. Segundo os axnets inmobiliarios este é un verán con menos incertezas e moitas persoas adiantaron as súa reservas para asegurar unha praza próxima aos areais. 

Un piso de tres cuartos no Val Miñor alúgase entre 3.000 e 3.500 euros no mes de agosto. Un prezo que se incrementou, aínda que levemente, respecto a anos anteriores.

 

Noticias web

02/06/2021