CRTVG

Buscar

Os xestores de Alu Ibérica puideron realizar vendas aparentes cuns sobrecustos de ata un 600 %

Publicado o 18/10/2021 16:05

Temos máis datos do informe da UDEF no que se recollen as supostas irregularidades dos xestores de Alu Ibérica para descapitalizar as plantas da Coruña e Avilés.

Os axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal que investigan a venda de Alcoa, primeiro ao grupo suízo Parter Capital e logo ao grupo Riesgo, aseguran que utilizaron empresas controladas por homes de palla para realizar vendas aparentes cuns sobrecustos de ata un 600 %.

E facíano coa intención de saquear os fondos das plantas galega e asturiana e trasladar os cartos a contas bancarias noutros países. A Audiencia Nacional ten aberta unha investigación por unha posible estafa na venda dunhas plantas que están, a día de hoxe, pechadas.

 

Noticias web

18/10/2021