Alu Ibérica para a produción na Coruña tras o rexistro policial do caso Alcoa
Publicado o 10/03/2021 09:07
A dirección de Alu Ibérica paralizou a produción nas factorías que ten na Coruña e en Avilés. Fixóo despois do rexistro policial que houbo na factoría en busca de probas da venda de Alcoa.
Os sindicatos piden que se administren xudicialmente as plantas para garantir o cobro dos salarios e evitar que o parón afecte as unidades produtivas.
Sospeitan que a intención da empresa é baleirar as existencias da factoría e temen pola continuidade dos 600 empregos na comunidade.