CRTVG

Buscar

Polo menos 30 mortos no tremor de Albania

Publicado o 27/11/2019 13:37

En Albania seguen buscando superviventes do sismo que xa deixou polo menos 30 mortos.
O tremor, de 6,4 graos na escala de Richter, sacudiu o pais na madrugada do martes e as cifras de desaparecidos aínda non son precisas.

As autoridades falan de entre 10 e 25, e de centos de feridos. Os equipos de rescate buscan superviventes entre os cascallos dos edificios que se viñeron abaixo ou que quedaron parcialmente destruídos.


 

Noticias web

27/11/2019