Almorzo a domicilio por 1 euro e xantar por 5 nun asador de Noia
Publicado o 28/01/2021 21:07
Pedro, dono dun asador de Noia, colle a súa furgoneta para levar ás casas aquilo que os clientes non poden consumir no local. Empezamos o día cun almorzo.
Lévancho á casa por un prezo máis que popular, 1 euro. E ofrécenche a opción de encargar o xantar. Por 5 euros, o menú do día tamén a domicilio.
Recoñece Pedro que outros compañeiros do sector non poden facer o mesmo, pero el prefire afrontar con optimismo o que xa chama "supervivencia".
O seu é dos tantos intentos de supervivencia que a pandemia está facendo agromar.