Allariz brilla polo Nadal
Publicado o 09/12/2020 21:04
Máis inquilinos moran este ano no minimundo de Nadal de Allariz.
Para este Nadal fixeron máis escenografías, unha das novas é esta estación postal para que os pequechos e pequechas veñan botar as cartas aos Reis Magos. E na Praza Maior atopamos unha nora e un mercado de Nadal.
Todo está feito polos traballadores municipais.
Unha decoración distinta que atrae cada ano máis persoas a Allariz.
Dende o Concello fan un chamamento para evitar aglomeracións. A idea é dinamizar a hostelería e o comercio local tan prexudicados este ano.