Alivio das restricións na Pobra do Caramiñal, que pasa a nivel alto
Publicado o 28/04/2021 13:14
Balón de osíxeno para a comarca da Barbanza e especialmente para A Pobra do Caramiñal. A boa evolución dos datos permite relaxar as restricións. A incidencia acumulada a 14 dias é de 203 casos por cada 100.000 habitantes e detectáronse 16 contaxios nos ultimos 15 dias. Despois de tres semanas no nivel máximo de restricións, pasan ao alto. Recuperan así a mobilidade e a hostalería pode abrir as terrazas ao 50 por cento. Un alivio para o sector.
A veciñanza celebra o alivio das restricións, pero con prudencia porque non queren que a reapertura supoña logo volver atrás.
Na comarca da Barbanza, A Pobra e Ribeira quedan en nivel alto; Rianxo, medio, e Boiro, en nivel medio-baixo.