CRTVG

Buscar

Alívianse as restricións no concello de Cee, que pasa do nivel medio alto ao básico

Publicado o 16/12/2020 15:44

A boa evolución dos datos fixo que Cee saia dese peche que tiña con Muxía e Dumbría desde finais de novembro. Pasan do nivel medio alto ao nivel básico, ampliando as ocupacións e os horarios da hostalería ata as 11 da noite. Ademais, as reunións sociais poderán ser de 6 persoas.

Os veciños e os hostaleiros están aliviados, pero son prudentes porque saben que as cousas poden cambiar rapidamente. Onte había 10 casos activos no concello, 3 deles hospitalizados, e continúa o cribado de asintomáticos entre os profesionais que traballan de cara ao público.

Os que xa non poderán facer recados aquí, na cabeceira da comarca, son os veciños de Muxía e Dumbría, que continúan pechados e con maiores restricións.

Os hostaleiros reorganízanse para volver pechar ás once e con máis mesas. A estas alturas xa non poden recuperar o ano pero si pechalo con algo máis de optimismo. A ausencia de gromos e o esforzo colectivo axudaron a que Cee colla agora un pouco de aire para afrontar o Nadal. 

 

Noticias web

16/12/2020