CRTVG

Buscar

Alimentos especiais para doentes oncolóxicos, un proxecto da Aula de Produtos Lácteos

Publicado o 18/01/2019 19:47

A Aula de Produtos Lácteos de Lugo participa nun proxecto para elaborar alimentos específicos orientados a pacientes de oncoloxía. Nos seus laboratorios realizan diferentes probas que permitirán finalmente adaptar estes produtos, dirixidos ao consumo no ámbito hospitalario, ás necesidades das diferentes dietas oncolóxicas.

Son batidos especiais, cuns cpmpoñentes nutricionais específicos orientados aos pacentes oncolóxicos dos hospitais. Na Aula de Produtos Lácteos do campus de Lugo traballan nun proxecto para analizar como deben fabricarse estes alimentos adicados ao consumo hospitalario, enriquecidos con compoentes como proteinas de orixe vexetal ou ácidos raxos omega 3 e omega 6, según as necesidades dietéticas.

Alfonso Pérez, Aula de Produtos Lácteos da USC: "Unha dose, de 200 mililitros, eustitúe totalmente unha comida e permite que a nutrición sexa perfectamente controlada e que todos os niveis de vitaminas, proteínas ou minerais sexan os pervfectos para os doentes"

Alfonso Pérez, Aula de Produtos Lácteos da USC: "Estes produtos teñen que ser fabricados nas industrias con todas as garantías, e temos que facer que todos os procesos garanticen a estabilidade do produto durante a súa vida útil, a calidade..."

Neste proxecto participan tamén o Instituto Tecnolóxico da Industria Agroalimentaria e o instituto de investigación do Hospital La Paz de Madrid.

Noticias web

18/01/2019