CRTVG

Buscar

Alice Finot, medalla de prata francesa forxada en Galicia

Publicado o 11/03/2021 17:40

A chegada, alancada por alancada, para acabar segunda na final dos 3.000 metros do Europeo en pista cuberta, acaba de facer da francesa Alice Finot un caso peculiar.

Alice Finot, atleta do Celta Atletismo: "Era o meu primeiro campionato internacional e sorprendeume o ambiente"

Enxeñeira industrial no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, radicado no Porriño, Finot vive en Ponteareas e adéstrase en Vigo. Non é unha profesional do atletismo, acaba de cumprir os trinta anos e a súa progresión levouna a ser campioa de Francia dos 3.000 obstáculos no 2020 abríndolle as portas da competición internacional malia os inconvenientes de adestrarse en Balaídos.

Alice Finot, atleta do Celta Atletismo"Teño que adestrarme na ría con colchonciños, e non é o mesmo. Necesito unha"

Os obstáculos non amedrentan a unha atleta dotada dunha poderosa forza mental que xa pensa na Olimpíada de Toquio, Alice Finot representa a Francia adestrándose en Galicia e compartindo carreira profesional e pasatempo deportivo.

Ao mes de chegar a Galicia xa se adestraba e corría polas estradas do país. Catro anos após irrompe con éxito na alta competición e demostra que, como dixo o seu compatriota Henri Matisse, a creatividade require coraxe e a Finot vai sobrada das dúas cousas.

Noticias web

11/03/2021