Alianza empresarial galega para crear unha nova torta de queixo
Publicado o 06/10/2021 14:24
Tres empresas galegas do sector alimentario uníronse para sacar adiante o seu primeiro proxecto conxunto: unha nova torta de queixo elaborada polos coñecidos restauradores Lucía Freitas e Pablo Gallego.
O produto presentouse esta mañá en Santiago e é froito da unión entre Feiraco, Pazo de Vilane e Quescream, que subliñaron a calidade dos produtos do rural galego a necesidade de potencialos entre os consumidores.
Os restauradores Freitas e Gallego foron os encargados de detallar os segredos que agocha a elaboración desta nova torta que está feita a base de ingredientes sostibles.