CRTVG

Buscar

Varias localidades galegas rexistraron temperaturas mínimas por enriba dos 20 graos durante a madrugada

Publicado o 15/06/2021 14:35

Galicia leva varias xornadas acadando unhas temperatura pouco comúns para a estación na que nos atopamos. Os termómetros están a rexistrar temperaturas que roldan os 30 graos en moitas zonas. Como consecuencias destas xornadas, as noites tamén están sendo especialmente calorosas, sobre todo nas zona de costa. Esta madrugada déronse valores que superaron os 20 graos, algo que dificultou moito o descanso nalgúns puntos da comunidade. 

A pesar do incómodo que resultan esas temperaturas tan elevadas durante a noite, son moitos os que prefiren este tempo que o que nos espera a partir de mañá, cando se agarda a chegada dunha fronte que provocará un descenso significativo das temperaturas. A partir do xoves agárdase un cambio brusco no tempo con máximas e mínimas por debaixo incluso dos valores habituais. 

Noticias web

15/06/2021