CRTVG

Buscar

Algunhas preguntas frecuentes sobre as novas restricións

Publicado o 26/01/2021 15:02

Todas as escolas oficiais de idiomas de Galicia deixan de impartir docencia presencial. Xa que logo, o alumnado terá que seguir as clases desde a modalidade virtual ata o vindeiro 17 de febreiro. A mesma norma rexerá para os conservatorios profesionais, superiores, de danza e de música.

As academias, autoescolas e centros de formación non regulada teñen consideración de actividade esencial e, polo tanto, continúan traballando con restricións de ocupación. O seu horario está permitido ata as nove e media da noite. Tamén teñen a posibilidade de pasar a docencia virtual e moitas xa se adaptaron a esta modalidade desde o inicio da pandemia.

A pregunta xa vai acompañada da resposta porque, efectivamente, aínda que a superficie comercial teña que pechar ás seis da tarde de luns a venres e por completo durante as fins de semana, o supermercado é actividade esencial. Polo tanto, poden continúar abertos ata as nove e media da noite.

Só nos podemos reunir cos membros da nosa unidade de convivencia. Acabáronse, pois, os encontros cos amigos. Aínda que a recomendación xeral é quedar na casa o maior tempo posible, os paseos están permitidos, pero sempre en solitario ou, como dixemos, cos nosos conviventes.

Con carácter xeral, o Sergas prohibiu as visitas a pacientes hospitalizados. Só se permitirán excepcións debidamente xustificadas en casos tales como coidado de menores, asistencia a dependentes e acompañamento ao parto.
 

Noticias web

26/01/2021