Algunhas comunidades, dispostas a aliviar as restricións ao descender os contaxios
Dende este luns, os bares e restaurantes de Cataluña poden abrir unha hora máis ao público para o almorzo e a comida. Os ximnasios retoman a actividade ao 30 por cento, e as librerías abrirán as fins de semana ao 50 por cento da súa capacidade. No ámbito educativo, volve parcialmente a actividade presencial no primeiro curso universitario. Nas últimas horas baixan os contaxios, pero aumenta o numero de ingresos nos hospitais e nas UCI.
Andalucía sumou hoxe 2.900 contaxios, case a metade que a semana pasada. Volve aumentar o número de mortes pero baixan as hospitalizacións.
O presidente, Juan Manuel Moreno Bonilla, di que os datos son esperanzadores, pero que non se pode baixar a garda.
Con todo, Moreno Bonilla anuncia unha próxima xuntanza para relaxar as medidas covid. A rebaixa podería limitarse a reducir de 14 a dez dias o tempo en que os municipios deben estar cumprindo as restricións.
Tamén Castela-A Mancha estuda flexibilizar as medidas actuais a partir da próxima fin de semana. O presidente García Page especulou cunha apertura limitada da hostalería e os centros comerciais, se o número de contaxios segue baixando.
O resto de comunidades autónomas deciden prorrogar, polo menos unha semana, as restricións vixentes.