CRTVG

Buscar

Á espera da evolución de Alfredo Pérez Rubalcaba, en estado grave tras sufrir un ictus

Publicado o 08/05/2019 22:32

O Hospital Puerta de Hierro ofreceu  o parte médico de Alfredo Pérez Rubalcaba. Confirma que se atopa en estado grave á epera da súa evolución nas próximas 72 horas, tras sufrir un infarto cerebral.

Segundo o parte médico, estáselle aplicando o protocolo terapeutico habitual para os casos de ictus. Rubalcaba sufriu un esvaecemento pola tarde no seu domicilio. Foi trasladado de urxencia ao hospital despois de ser atendido polos servizos de urxencia da Comunidade de Madrid.

Numerosos compañeiros do Partido Socialista resaltaron a figura de Rubalcaba e enviáronlle ánimos a través do twitter. Tamén chegaron mensaxes de apoio desde outros partidos políticos, con chíos por exemplo de Pablo Casado ou de Albert Rivera.