Alfonso Zarauza roda no mar de Ons a película 'Ons'
Un equipo de sesenta persoas leva un mes desafiando temporais e aproveitando o bo tempo para rodar un filme sobre unha parella que decide pasar na illa de Ons unha longa tempada.
Ons, que así se vai chamar a película, esta dirixida por Alfonso Zarauza e participada pola televisión de galicia. interpretada por Antonio Durán Morris e Melania Cruz.
Alfonso Zarauza rodando no mar de Ons. O realizador e un equipo de sesenta persoas levan dende o sete de outubro filmando a súa nova película na illa que brinda o seu nome ao filme e que se converte na gran protagonista da película, Ons.
No inverno en Ons só quedan tres habitantes da illa, un deles Cesáreo Pérez Patiño, afeito a falar para os medios de comunicación que tamén participa na película como barqueiro. Hoxe ten rodaxe.
Ons conta a historia dunha parella chegada de Barcelona para intentar curar as feridas da súa relación.
Antonio Durán 'Morris' e Melania Cruz interpretan a Vicente e Mariña.
O cambiante clima da illa foi tamén un desafio. Para os personaxes que mudan de carácter coas estacións e para ese equipo que durante seis semanas e medio intenta rodar o inverno e o verán de Ons.
Ons é unha coprodución galego-portuguesa dun millón de euros de presuposto que conta coa participación de Televisión de Galicia.