Alfonso Rueda: "Somos conscientes dos prexuízos causados á hostalería e que son necesarias axudas"
Desde a Xunta din que son "conscientes dos prexuízos" que está a sufrir a hostalería e todo o sector económico coas medidas impostas para acadar garantías sanitarias. O vicepresidente primeiro da Xunta asegura que as administracións están a traballar para ofrecer axudas económicas. Rueda expresou a súa esperanza en que as axudas anunciadas polo Goberno central, que se suman ás de varios muncipios, ás das deputacións e ás da propia Xunta, poidan contribuír a paliar esas perdas.
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta: "Estamos traballando para intentar paliar os prexuízos, somos perfectamente conscientes deses prexuízos que se producen polos peches, e polo tanto de que é necesario arbitrar axudas. E agora teño esperanzas de que esas axudas directas aprobadas onte polo consello de ministros, que, se son como din, serán administradas polas comunidades autónomas, cheguen canto antes, que esa transición que nos anuncian de case 40 días que se reduza. Parécenos un prazo excesivo e que nos remitan un sistema sinxelo de distribución, porque sen dúbida axudará moito a todos os hostaleiros e os autónomos en xeral"