Alfonso Rueda será elixido mañá secretario xeral do PP provincial de Pontevedra
Publicado o 17/09/2021 19:48

Alfonso Rueda presentou esta tarde a súa candidatura para presidir o Partido Popular na provincia de Pontevedra. O seu nomeamento como secretario xeral do PP pontevedrés farase efectivo mañá sábado, despois da celebración do congreso provincial.
Rueda renova o 73 por cento do comité de dirección, e reforzou a súa executiva coa designación de oito vicesecretarios, a maioría deles alcaldes e concelleiros.