CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda: "O Camiño de Santiago é seguro e está desexando recibir os peregrinos"

Publicado o 10/04/2021 14:10

Desde A Coruña ou desde Ferrol. Os dous itinerarios do Camiño Inglés conflúen na localidade de Bruma, a corenta quilómetros de Santiago de Compostela. Quen inicie a ruta en Ferrol fará parada en Betanzos.

Alí precisamente fixo noite o peregrino Alfonso Rueda, que está descubrindo en bicicleta a beleza dun Camiño Inglés desexoso, como os demais itinerarios, de acoller os peregrinos de forma agarimosa e segura.

"O Camiño é seguro, está organizado, hai magníficos albergues agardando polos peregrinos, os camiños están acondicionados e toda a hospiltaludade de todos os concellos polos que transcorren están desexando que chegue a xente e que teñamos ese Xacobeo que creo que imos ter", explicou Rueda.

Os peregrinos galegos están sendo os primeiros en comezar o Camiño, pero todos agardan que a evolución da pandemia acabe por eliminar os perímetros neste ano Xacobeo de vinte e catro meses.

Noticias web

10/04/2021