CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda calcula que este ano poden visitar Galicia ata tres millóns de turistas

Publicado o 13/07/2021 17:04

A chegada de peregrinos e as reservas nas zonas costeiras son para Alfonso Rueda unha mostra da recuperación do turismo. O vicepresidente Alfonso Rueda reivindica o traballo da Xunta para recibir turistas con seguridade e pide a implicación do Ministerio de Industria co dobre Xacobeo.   

Os datos de chegada de turistas alimentan o optimismo. A Xunta calcula que durante 2021 poden visitar Galicia entre dous e tres millóns de turistas e máis de cen mil peregrinos. 

A seguridade fai do Camiño o produto perfecto para este tempo, dixo Alfonso Rueda nun foro de turismo que aproveitou para reivindicar o Xacobeo como o gran produto turístico nacional para este ano e o vindeiro. Rueda afirmou que a Xunta fixo os deberes co sector para recibir con seguridade os turistas e peregrinos que visiten Galicia neste dobre ano Xacobeo. 

Noticias web

13/07/2021