CRTVG

Buscar

Alfonso Basterra, pai de Asunta, rompeu a chorar ao coñecer a morte de Rosario Porto

Publicado o 18/11/2020 15:35

A morte de Rosario Porto prodúcese xusto o mesmo día, dous anos despois, de tentar aforcarse na prisión de Teixeiro.

Alí cumpre condena o pai da pequena Asunta, Alfonso Basterra. Entre os funcionarios coméntase que nada máis coñecer a morte de Rosario Porto rompeu a chorar.

Basterra estaba nun taller ocupacional e foi trasladado a unha estacia á parte para comunicarlle a noticia antes de que o soubese pola televisión.

Nada máis informalo, aplicáronlle o protocolo antisuicidios. Ademais de contar cun preso de apoio, terá un seguimento do equipo de psicólogos do cárcere.

Basterra cumpre aquí unha condena de 18 anos por matar a súa filla.

Noticias web

18/11/2020