Alexandra Fernández asegura que se une ao BNG porque "é a única forza con proxecto"
Publicado o 03/03/2020 14:52
En Vigo Ana Pontón e Alexandra Fernández tiveron o seu primeiro acto de precampaña conxunto tras a incorporación da ex-deputada de En Marea ás listas do BNG.
Alexandra Fernández, número tres dos nacionalistas por Pontevedra, dixo que decidiu sumarse ao BNG porque é a única organización que ten un proxecto alternativo para o país.
A candidata á Xunta polo BNG agradeceu o paso dado por Alexandra Fernández e destacou a súa coherencia.