CRTVG

Buscar

Alertan do 'xogo da morte', un perigoso reto viral detectado nun instituto de Granada

Publicado o 29/05/2019 19:38

A Fiscalía de menores ten xa no seu poder o vídeo e os resultados da investigación da Policía  Local de Granada sobre un grupo de menores que estaban gravando cun teléfono móbil a realización dunha perigosa práctica coñecida como Mata León. O obxectivo é presionar o pescozo dun mozo ou moza ata que perda o sentido. 

A Policía Local de Granada relatou a través da súa conta oficial de Twitter como actuou ante a detección dun caso de xogo da morte nun instituto da capital. Alí deuse un caso dun menor que acabou sufrindo convulsións e perdendo o coñecemento. O chamado xogo da morte consiste en estrangularse a un mesmo ou a otra persona para lograr que a falta de oxíxeno provoque unha supuesta sensación breve de euforia ou una presunta alucinación semellante á que producen as drogas ou o alcol. Habitualmente esta perigosa práctica é gravada e compartida polos menores en redes sociais.

Aínda que é a primeira vez que transcende en España, hai alertas deste tipo por todo o mundo e rexístranse casos desde hai 25 anos. En concreto nos Estados Unidos, primeiro país onde se documentaron, lévanse contado polo menos 82 menores de entre 6 e 19 anos que morreron por causa desta perigosa práctica entre os anos 1995 e 2007..

Noticias web

29/05/2019