CRTVG

Buscar

Alerta por calote coas voltas: pagan con 5 euros e esixen a volta de 20

Publicado o 04/06/2021 12:39

Hostaleiros vigueses alertan dun intento de calote nestes últimos días: pagan cun billete de cinco euros e esixen a volta de 20.

A historia e os protagonistas repítense todos os días na rúa Rosalía de Castro. Un home duns trinta anos acompañado dun neno duns oito ou unha muller baixa cunha nena nun carro intentan enganar coa volta.

Isabel picou a primeira vez porque estaba a tope de traballo e non se decatou. Pero xa non a segunda, cando o mesmo home co mesmo neno volveu repetir a xogada. Aínda houbo un terceiro intento dunha muller co bebé, pero Isabel, igual que o resto dos hostaleiros da rúa, xa tiña a lección ben aprendida. Por iso queren tamén alertar todos os hostaleiros de Galicia para que o calote non se volva repetir.

 

Noticias web

04/06/2021