CRTVG

Buscar

Alerta laranxa na costa por temporal

Publicado o 09/01/2020 21:56

A costa galega permanece en aviso laranxa por ondas de ata sete metros e refachos de vento que acadaron os 128 quilómetros hora en Viveiro e os 118 en Estaca de Bares. Ante a alerta por temporal, hoxe parte da frota quedou en terra.

Este temporal de inverno súmase aos do outono, que afectaron moito o sector pesqueiro.

E a situación non mellora para mañá mantense o aviso laranxa en todo o litoral por mar combinada e ondas de ata sete metros.

Noticias web

09/01/2020