CRTVG

Buscar

Alerta en Meis ante a morte dun can por envelenamento

Publicado o 19/06/2020 14:00

En Meis, na parroquia de San Tomé de Nogueira, morreu un can por envelenamento. A propietaria teme que fora algo non accidental, polo que avisou o Concello, e este alertou da situación os veciños con can.

Esta veciña de Nogueiró de Arriba, en Meis, que ata hai nada tiña tres cans, di que o perdeu por causa dun envelenamento. Como outras veces, a mascota aproveitou un despiste coa cancela e escapou. Conta Lucinda que ao pouco de regresar o animal empezou a convulsionar, polo que acudiu á veterinaria.

Lucinda engade: "Ás nove da mañá xa me dixo que falecera, que comera moito veleno para os caracois, demasiado, ata o punto de que lle saía coa caca e que tiña tres úlceras de estómago. E así morreu".

Teme que alguén lle puxo un cebo de comida co veleno dentro: "Eu penso que si, porque segundo a veterinaria que di que xa tivo casos en que llo deran con comida. Daquela, penso que foi así, porque eu teño botado para que non coman os caracois a verdura, andar os cans conmigo e non se baixar sequera a mirar o veleno".

Ante isto, a alcaldesa de Meis publicou un bando pedíndolle a quen teña can que ande con precaución polo lugar. 

Noticias web

19/06/2020