CRTVG

Buscar

Alemaña opta por usar Pfizer ou Moderna para a segunda dose dos menores de 60 vacinados con AstraZeneca

Publicado o 14/04/2021 19:04
Alemaña opta por usar Pfizer ou Moderna para a segunda dose dos menores de 60 vacinados con AstraZeneca

As persoas menores de 60 anos vacinadas en Alemaña cunha primeira dose de AstraZeneca recibirán a segunda inoculación con outra vacina. O país xermano decidira o pasado 30 de marzo restrinxir o uso da vacina de Oxford para os menores de 60 anos, por mor dos casos de trombose. Agora segue os pasos de Francia para rematar o proceso de vacinación que empezara con AstraZeneca nesa franxa de idade

 

Noticias web

14/04/2021