Alemaña inicia un confinamento máis estrito
Publicado o 11/01/2021 19:49
Tamén Alemaña endureceu este luns o seu confinamento nun intento por conter os contaxios, que non paran de medrar. Non hai novas restricións, senón que o Goberno decidiu prolongar, polo menos ata fin de mes, as que debían rematar hoxe.
Así, seguirán vixentes o peche das escolas, da hostalaría, vida cultural e ocio nocturno. Continúa tamén paralizada a vida comercial, agás as tendas esenciais como supermercados ou farmacias. Úncamente nas zonas mais afectadas limítase a mobilidade.